Inicio

De xira!

CidadeDataLugarEntradas
Cangas31 de xaneiro e 1 de febreiroAuditorio MunicipalMerca a túa entrada!
Ourense17 e 18 de xaneiroAuditorio MunicipalMerca a túa entrada!
Vilagarcía10 e 11 de xaneiroAuditorio MunicipalMerca a túa entrada!
Lugo20 e 21 de decembroAuditorio Gustavo FreireMerca a túa entrada!
Narón13 e 14 de decembroPazo da CulturaMerca a túa entrada!
Santiago30 de novembro e 1 de decembroAuditorio de Galicia
Pontevedra22 e 23 de novembroAuditorio Sede Afundación
Vigo16 e 17 de novembroTeatro Afundación
Ferrol8 e 9 de novembroAuditorio Municipal
Carballo1 de novembroPazo da Cultura
A Coruña25 e 26 de outubroTeatro Colón

Sinopse

Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro Fariña, unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século. Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cristina Iglesias, ademais do propio Touriñán.

Fariña non permite ao espectador nin acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga suceden conversas entre rapaces e veciños das vilas falando, mercando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea. O fenómeno xa está en marcha.

O elenco de actores entran e saen da escea meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha verbena, os veciños máis novos probando a mercancía a escondidas…

O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura coa que tivo lugar na realidade.

De pronto, en escea, escóitase acento colombiano e marroquí. Escóitanse ritmos de percusión e cancións. Escóitanse bromas e bravuconadas. As drogas toman o control: ostentación e subidón enchen o teatro. E, de novo como sucedeu en realidade, aparece a traxedia. En forma de nais, rapaces afundidos e, por fin, operacións policiais.

Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar, coa sensación final, e a reflexión que o espectador fai ao sair do teatro, chegando a adquirir unha eficacia inédita.

Estrea na Coruña

Sobre o narcotráfico

Promoción

Sobre o proxecto

Galería

Fálase do espectáculo

“Esta Fariña no depende de nada ni de nadie y vuela alto por sí sola. No traerá a la memoria ni la estructura de la novela ni el tono de la serie –ni falta que le hace-; pero tiene todos los elementos necesarios para ser lo que es por derecho propio: un muy buen espectáculo que aúna disciplinas diversas para armar un todo con entidad propia que, o mucho me equivoco, o comienza un largo y exitoso camino.”Hugo Álvarez DomínguezButaca en anfiteatro

“Buen ritmo, buena música en directo y hallazgos como la regueifa (una especie de rap secular gallego) que los actores cantan para resumir el círculo vicioso que implica en el narcotráfico a todas las capas de la sociedad”Raquel VidalesEl País

“’Ninguén, nin o mundo, nin a vida, pode ofrecervos nada mellor.’ Isto é o que di un dos personaxes da Fariña teatral e podería ser o slogan perfecto. Certo é que a Fariña engancha, xa o fixo o libro, despois a serie e agora pretende facelo o espectáculo teatral. Enganchar á xente ao teatro cunha historia nosa, cercana e, por desgraza, moi presente. Non hai mellor sensación que a de desfrutar durante case dúas horas.”Xosé A. TouriñánProdutor

O elenco

Fariña na prensa

Contratación e contacto

881 946 972 / ola@aine.gal
www.aine.gal

Produtoras
Colabora